Mes: Setembro, 2012

Galiza Bravú!!

Soñan os androides con ovellas eléctricas?

Cando a xente fala de Blade Runner fala dunha obra mestra e dunha das figuras clave da ciencia ficción no cine. A verdade é que cando a vin por primeira vez pareceume de todo menos un peliculón. Era unha pelicula tecnicamente floxiña (que non destacaba por ser mala pero que para o tempo no que a vin non resultaba nada espectacular) e o certo e que daquela sen ter lido o libro non cheguei a entender de todo o seu argumento.

Do Androids Dream of Electric Sheep Co paso do tempo empecei a decatarme o que supón que en 1982, nove anos antes de nacer eu e trinta nos con respecto actualidade,  fixeran unha película de ciencia ficción desa calidade técnica. Isto xunto a un artigo publicado no blog dun amigo, co que me enterei de que estaba basada nun libro, fixo que situara a “Soñan os androides con ovellas electricas?” nun posto moi alto dos libros que quería ler. Este verán despois de terminar de ler Danza con Dragóns (Canción de Xeo e Lume 5) pareceume un momento perfecto para quitalo da lista de libros que quero ler e poñelo na lista de libros que quero volver a ler.

Non vou revelar moito da trama xa que, aínda que a min non me importa, hai xente a que o feito de saber certos aspectos do argumento dun libro fai que non lles apeteza lelo e isto sería francamente unha pena. En resumo situamonos nun hipotético futuro (ainda que o libro fala de 1992) no que a exploración espacial esta tan avanzada que as únicas persoas que viven na terra son as que non poden pagar ou non lles está permitido facer a viaxe a outros mundos(-colonia e que a construcción de androides chegou a un punto no que estes son practicamente indistinguibles dos humáns. Neste contexto o libro presentanos dúas tramas argumentais. Na primeira un cazador de androides (cazador de bonificacións/blade runner no libro) chamado Rick Deckard terá que ocuparse dunha serie de androides especialmente problemáticos. Na outra o protagonista é un especial  (persoa con capacidades mentais inferiores as normais no libro) chamado Isidore que se atopará cos androides que persigue Deckard.

O certo é que as diferencias entre o libro e a película son bastante importantes e de feito so unha das tramas (a de Rick Deckard) e tratada e non con demasiada profundidade. Isto fai que a película sen ter en conta a calidade tecnica para o ano no que se rodou, argumentalmente quede coxa en moitos aspectos e non deixe ser un Avatar dos anos oitenta. Poren o libro está francamente ben e non é moi longo polo que recomendaría a calquera fan da literatura de ciencia fición que aínda non o lese (non sei se quedarán moitas destas persoas :D) que dediquen un pouco do seu tempo libre para ler este marabilloso clásico de ciencia ficción.

Also available in : English

Se continuas empregando esta web, aceptas o uso de cookies. máis información

As cookies son pequenos paquetes de datos que se almacenan no teu navegador e que permiten mellorar a experiencia de usuario. Se continúas a usar esta web sen cambiar a túa configuración das cookies ou premes o boton "Aceptar" estas aceptando o uso de cookies neste sitio.

Pechar