Mes: Decembro, 2012

O pistoleiro

Cadena perpetua, O resplandor, A milla verde, A xanela secreta todos grandes filmes e todos con un elemento en común, seren adaptacións de libros do escritor estadounidense Stephen King. O pistoleiro é  o primeiro libro que leo deste autor mais vin unhas cantas das películas baseadas na súas obras e a maior parte delas son realmente boas eportada o pistoleiro como sempre se di que o libro é mellor que a película basada nel, tiña altas espectativas na calidade do libro. Podo dicir que cumple amplamente coas expectativas xeneradas.

King é famoso polas súas obras de terror e suspense pero ten unhas cantas obras de ciencia ficción. A saga A Torre Escura composta por oito libros escritos dende 1982 ata o 12 de febreiro de 2012,  enmarcase dentro deste último grupo. Estamos xa que logo no obra singular no contido, Stephen King é un autor de terror non de ciencia ficción, mais tamén nas formas xa que de feito a trama principal do libro queda constatada dende a primeira frase deste: “O home de negro fuxía a través do deserto e o pistoloiro ía en pos del”.

O autor situanos nun mundo que aínda que recorda as películas de vaqueiros cos seus interminabeis desertos, pistoleiros e tabernas; son mencionados aspectos do mundo actual como os coches e tamén ten certa presenza a maxia sendo o home de negro que persigue o noso protagonista un mago.

Neste contexto o autor contanos a historia desta persecución pero de forma singular xa que se lle quitamos os continuos flashbacks quedariamonos en menos de cen paxinas das trescentas e pico que tiña a edición que lin eu. A través destos flashbacks enteramonos do pasado cercano do pistoleiro e da súa infancia. Pese a que a acción real non avance con velocidade o certo é que o libro lese moi ben.

Ler o resto desta entrada »

I MUST NOT FEAR

Ler o resto desta entrada »

Se continuas empregando esta web, aceptas o uso de cookies. máis información

As cookies son pequenos paquetes de datos que se almacenan no teu navegador e que permiten mellorar a experiencia de usuario. Se continúas a usar esta web sen cambiar a túa configuración das cookies ou premes o boton "Aceptar" estas aceptando o uso de cookies neste sitio.

Pechar