Sobre min

14756346094_07a9eaccf1_z

Foto sacada por Darkmere durante a GUADEC 2014

Todos os blogs que coñezo teñen un artigo cun título semellante a este onde se presentan os que están escribindo, polo que aquí está o meu.

O meu nome é Marcos Chavarría Teijeiro e nacín en Lugo (Galiza) alá no ano 1991. Son enxeñeiro informático e actualmente estou estudando o mestrado de profesorado facendo as prácticas no Leiras Pulpeiro de Lugo. Aparte de programar con tecnoloxías FLOSS, gústame o baloncesto (tanto velo como practicalo), o bodyboarding (no verán, no inverno fai frio), ler (sobretodo ci-fi e narrativa fantastica), xogar de vez en cando a algun xogo de ordenador (Diablo 3, LoL, Super Meat Boy, etc.), a boa música (e se é en directo moito mellor) e sair de troula cos amigos.

Podedes botarlle unha ollada o meu Curriculum Vitae no seguinte enderezo.