Bookmarklet CAPD

por Marcos Chavarría Teijeiro

Para cubrir o CADP a aplicación da xunta solo amosa (a non ser que haxa unha opción que eu non vin) os códigos dos centros ou concellos nas táboas…

Fixen un argallo para que apareza o Concello ou o Centro o lado do código para poder comprobar que o estamos facendo ben.

Non está moi comprobado xa que solo o usei para cubrir a miña solicitude así que NON ME FAGO RESPONSABLE DE QUE FUNCIONE MAL e non tivera algo en conta o facer o programiña pero por se alguén lle intesa se arrastrades as seguintes ligazóns a barra de marcadores e logo premedes nelas na paxina do CAPD amosará o concello ou o centro correspondente os códigos das táboas:

Amosar Concellos/Centros

Ocultar Concellos/Centros

Comentanme que solo funciona en Google Chrome. Engado un vídeo que amosa como usar os programitas:

A primeira parte do vídeo amosa como activar a barra de marcadores. É probable que vos teñades o menu noutro idioma mais os pasos son os mesmos.

Engado un novo programita para co CAPD. En esta ocasión, o facer clic na ligazón unha vez posta na barra de tarefas, abrirásenos un diálogo onde podemos introducir códigos de concellos e institutos separados por espacios que dándolle a aceptar se engadiráno ó final da lista. Para facer isto non obstante debemos marcar as opcións de Corpo de participación, Especialidade, Linguas, Afín ou Itinerante e marcar a opción de “debe engadirse ao final da lista”.

Da mesma forma que nos nos dous scripts anteriores, debedes arrastrar a seguinte ligazón á vosa barra de marcadores:

EngadirCodigos

Engado un vídeo sobre como activar e usar o bookmarklet.