Cando viñeron a por min…

por Marcos Chavarría Teijeiro

Cando os nazis viñeron buscar os comunistas,
eu fiquei calado;
eu non era comunista.

Cando eles prenderon os social-democratas,
eu fiquei calado;
eu non era un social-democrata.

Cando eles viñeron buscar os sindicalistas,
eu non dixen nada;
eu non era un sindicalista.

Cando eles buscaron os xudeos,
eu fiquei calado;
eu non era un xudeo.

Cando eles viñeron a por min,
xa non había ninguén que puidese protestar.