Categoria: How To

Dropbox como repositorio central de Git

Para levar a cabo proxectos entre varias persoas case sempre é importantísimo empregar sistemas de control de versións que nos axuden a poder traballar en paralelo e ter un maior control dos cambios que facemos no proxecto. Se falamos de sistemas de control de versións, Git destaca por ser un dos mellores e máis usados. Trátese dun sistema de control de versións distribuído polo que podemos traballar e facer commits de forma local sen ter que dispor dunha conexión a internet.

Non obstante se queremos sincronizar os repositorios locais de cada compañeiro necesitamos un repositorio central no que poder xuntar o traballo de cada un. Para facer isto podemos empregar solucións comerciais como GitHub ou Bitbucket pero tamén podemos empregar unha carpeta compartida de Dropbox. Aquí podedes ver como ser fai.

gitdropbox

O problema é que Dropbox dista bastante de ser unha ferramenta estable e os problemas de sincronización (polo menos en Linux) son unha constante. Isto causa que sexa posible subir cambios o “repositorio central” sin que este este sincronizado o cal pode causar que non se suban os cambios que fixeches o servidor ou que haxa conflictos que no se solucionan ca aparición de arquivos co sufixo “Copia de conflicto de Fulanito De Tal”. Aínda que a solución a isto máis habitual é avisar cando se vai facer un commit, eu empreguei unha alternativa que emprega unha das características avanzadas de Git, os hooks.
Ler o resto desta entrada »

Configurando Apple Remote en Fedora 18

Esta semana decidín poñer en valor o Apple Remote que me regalou meu tío fai un par de anos e que tiña un pouco abandonado e configuralo para que funcione en Linux. En particular teño o mando blanco e(con codigo de modelo A1156) e a miña distribución de Linux é Fedora 18. Non obstante o explicado aquí con lixeiras variacións é válido para outros modelos e otros sistemas operativos.

En primeiro lugar temos que instalar LIRC. LIRC (Linux Infrared Remote Control) é un programa que, como a súa paxina web indica, permite decodificar e enviar sinais infravermellas dun gran número de dispositivos entre os que se encontra o meu precioso MacBook Pro :D. Xa que logo instalamos LIRC:

yum install lirc

O seguinte que temos que facer e configurar o programa. Para isto editamos o arquivo que se atopa en /etc/lirc de nome lircd.conf e engadimos o seguinte:

Con isto configuramos o programa para o noso mando. Se quixesemos engadir outro mando ou configurar un diferente teríamos que engadir outra secion begin/end remote. Pódense encontrar varios modelos configurados por internet. Aquí podedes encotrar moitas destas configuracións xa feitas.

Agora lanzamos LIRC incluido o driver que queremos, no noso caso macmini:

lircd --driver=macmini

Para comprobar se funciona empregaremos o programa irw. Se todo vai ben tería que sair algo semellante a isto ao pulsar os botóns do noso mando:

[root@localhost lirc]# irw
0000000087ee8104 00 PLAY Apple_A1156
0000000087ee8104 01 PLAY Apple_A1156
0000000087ee8102 00 MENU Apple_A1156
0000000087ee8102 01 MENU Apple_A1156
0000000087ee8102 00 MENU Apple_A1156
0000000087ee8107 00 FORWARD Apple_A1156
0000000087ee8107 00 FORWARD Apple_A1156
0000000087ee8108 00 BACKWARD Apple_A1156
0000000087ee8108 00 BACKWARD Apple_A1156
0000000087ee810b 00 VOLUP Apple_A1156
0000000087ee810b 00 VOLUP Apple_A1156
0000000087ee810b 01 VOLUP Apple_A1156
0000000087ee810d 00 VOLDOWN Apple_A1156
0000000087ee810d 00 VOLDOWN Apple_A1156

Agora so queda vincular estas botóns con algo. No meu caso fixeno cas teclas de movemento do teclado e a tecla Escape. Para facer isto temos que crear o arquivo lircrc ou ven na nosa carpeta pesoal (/home/usr/.lircrc) ou ben no directorio de configuración de LIRC (/etc/lirc/lircrc). neste arquivo vincularemos os botóns do mando co lanzamento dalgún programa. A miña configuración é a seguinte:

Por último executamos o programa irxevent que é o encargado de facer que vinculación entre botóns do mando e teclas do teclado, funcione.

irxevent -d

Se todo foi ben agora deberíades poder usar o voso Apple Remote nunha presentación, no XBMC, etc. Espero que vos sirva de algo :D.

Silenciar Portatil ao Suspendelo

Unha das cousas que menos me gustaba de ter Linux (concretamente Fedora 17) instalado no meu MacBook e que cando o portatil volvía dunha suspensión, levantandolle a tapa, a música que estaba a soar antes sigue soando co mesmo volume facendo un ruído innecesario e moi molesto en certas ocasións, como nun bus cheo de xente intentando durmir ou nunha biblioteca.

O encargado de levar a cabo tanto o proceso de suspensión, de hibernación como o de volta destes dous estados son as pm-utils. Esta aplicativo executa unha serie de scripts cando se suspende e se volve da suspensión. Estes scripts podense encontrat en /usr/lib64/pm-utils/sleep.d ou en /etc/pm/sleep.d.

Se vemos o man de pm-suspend vemos que os scripts reciben dous parametros donde o primeiro indica o tipo de operacion que se esta a realizar e pode tomar os valores suspend, hibernate, resume ou thaw. O segundo parametro indica o operación especifica que se realiza, mais neste caso non nos interesa.

Por outra parte o nome do script tamén é importante xa que estos executanse en orde. Os números do 0 o 49 están reservado para os paquetes do usuario polo que faremos que o nome do arquivo comece por 10.

O script anterior, e un bo exemplo do que podemos facer. Se o metemos no directorio /etc/pm/sleep.d, lle damos permisos de execución e facemos que o seu dono sexa root deberiamos ter o problema solucionado.

vim 10volume #Copiamos o script anterior.
chmod +x 10volume
chown root:root 10volume

Para probar se funciona o que acabamos de facer so fai falla executar o comando pm-suspend.  De producirse algún erro este quedaría rexistrado nos logs do programa que se gardan en /var/log/pm-suspend.log.

Se continuas empregando esta web, aceptas o uso de cookies. máis información

As cookies son pequenos paquetes de datos que se almacenan no teu navegador e que permiten mellorar a experiencia de usuario. Se continúas a usar esta web sen cambiar a túa configuración das cookies ou premes o boton "Aceptar" estas aceptando o uso de cookies neste sitio.

Pechar