Categoria: Música

Como unha lanza no vento. Como o vento avanzar!!

O pasado sábado 25 de abril fun, invitado por Sara (graciñas mil á miña anfitriona :D), salir a Compostela a ver (e tamén ouvir e sentir) a estrea do novo disco de NAO, entitulado Cartas no Caderno. Un disco un pouco raro porque a pesar da publicidade que lle derón (sobretodo no Facebook), non deixa de ser un disco de cinco cancións das cales so unha é orixinal do propio grupo. Ademais para as poucas cancións que son teñen ata dez colaboracións de xente doutros grupos (facendo unha sinxela división dá a dúas colaboracións por tema :O).

O concerto comezou ca actuación de Vicky Polard e aínda que chegamos algo tarde e soamente puidemos escoitar os últimos dous ou tres temas a verdade é que soaron case tan ben como o propio NAO.

Como detalle da actuación de NAO, esta comezou de forma bastante espectacular coa mostra do xa mítico vídeo do translado do cadaleito de Castelao a Bonaval superpoñendo o mesmo tempo o logotipo do grupo. O longo da actuación sucederonse vídeos con imaxes e mensaxes reivindicativas. Hai que decir que para ser unha das mellores salas de Galicia (polo menos por fama) queda moi moi cutre que ao longo da actuación se viran os controles do vídeo como se pode comprobar nalgunha das fotos (digo, fotazas :D) de Ada.

Mais realmente eu non viña aquí a falar do concerto, senón dunha das cancións do novo disco, Como o vento. Non por ser o tema que máis me gusta do disco, nin moito menos, senón pola cantidade de versións diferentes que se poden atopar del.

Ler o resto desta entrada »

Liska! – Sonhos de Raiva

Este ano estou collendo a (boa) costume de escoitar tódalas noites que podo o Planeta Furancho, un programa da Radio Galega Música dedicado case exclusivamente a música galega e en galego. Este programa permíteme coñecer moitos grupos que doutra forma nunca escoitaría.

Fai uns días pasaron polo programa un grupo de Ska de nome Liska! bastante xeitoso para presentar o seu novo disco. En principio as copias do disco so estaban dispoñibles en varios centros sociais esparcidos por Galicia entre eles o C.S. Madia Leva! de Lugo. O sábado pasado aproveitando un concierto (máis ben un conciertazo :D) de Machina no Madia Leva! comprei unha copia do novo disco. O disco soa moi moi ben e lembra bastante o extinto Skarnio co que comparten vocalista.
Bueno todo este tocho de antes é para recomendarvos que lle botedes unha ollada (ou unha orellada) o disco que tamén esta dispoñible en Spotify (si, dinme conta un par de días tarde).

Portada Liska

PD: Xa facía tempo que non escribía un post non relacionado co meu traballo no GSoC… A ver se manteño o ritmo e escribo algo todos os meses como o ano (académico) pasado.

Bristol, britpop dende Lugo

Traigovos unha de canción dun grupo de Lugo chamado Bristol. Os integrantes do grupo teñen un ano máis ca min e estudaron case todos no meu colexio, PP. Franciscanos. A verdade é que son moi bos.

Escoitadeos!! 😀 Support your local band!!

Galiza Bravú!!

Se continuas empregando esta web, aceptas o uso de cookies. máis información

As cookies son pequenos paquetes de datos que se almacenan no teu navegador e que permiten mellorar a experiencia de usuario. Se continúas a usar esta web sen cambiar a túa configuración das cookies ou premes o boton "Aceptar" estas aceptando o uso de cookies neste sitio.

Pechar