Como unha lanza no vento. Como o vento avanzar!!

por Marcos Chavarría Teijeiro

O pasado sábado 25 de abril fun, invitado por Sara (graciñas mil á miña anfitriona :D), salir a Compostela a ver (e tamén ouvir e sentir) a estrea do novo disco de NAO, entitulado Cartas no Caderno. Un disco un pouco raro porque a pesar da publicidade que lle derón (sobretodo no Facebook), non deixa de ser un disco de cinco cancións das cales so unha é orixinal do propio grupo. Ademais para as poucas cancións que son teñen ata dez colaboracións de xente doutros grupos (facendo unha sinxela división dá a dúas colaboracións por tema :O).

O concerto comezou ca actuación de Vicky Polard e aínda que chegamos algo tarde e soamente puidemos escoitar os últimos dous ou tres temas a verdade é que soaron case tan ben como o propio NAO.

Como detalle da actuación de NAO, esta comezou de forma bastante espectacular coa mostra do xa mítico vídeo do translado do cadaleito de Castelao a Bonaval superpoñendo o mesmo tempo o logotipo do grupo. O longo da actuación sucederonse vídeos con imaxes e mensaxes reivindicativas. Hai que decir que para ser unha das mellores salas de Galicia (polo menos por fama) queda moi moi cutre que ao longo da actuación se viran os controles do vídeo como se pode comprobar nalgunha das fotos (digo, fotazas :D) de Ada.

Mais realmente eu non viña aquí a falar do concerto, senón dunha das cancións do novo disco, Como o vento. Non por ser o tema que máis me gusta do disco, nin moito menos, senón pola cantidade de versións diferentes que se poden atopar del.

A versión orixinal e dos portugueses Sétima Legião e pódese escoitar aquí. Mais quen realmente lle da o ritmo máis coñecido ó tema son os coruñeses Radio Oceano alá polo ano 1986. Se a comparamos a súa versión coa dos portugueses as diferencias son notorias.

Case dez anos máis tarde o druida de Montealto (a.k.a. Xurxo Souto) e a súa banda (Diplomaticos de Montealto) versionaron o tema de Radio Oceano.

A fama dos Diplomaticos fai que aparezan unha morea de versións deste tema dos máis diversos estilos. Os propios NAO xa versionaran o tema no disco de homenaxe ós Diplomaticos, 120 Capadores. Este tema é un chisco diferente do actual xa que non conta nin coas colaboracións do do último disco e ademais do cambio de cantante de NAO.

No 2005 os Tiro na testa de Lalín déronlle outra volta o tema.

Por último, este tema tamén está presente no novo disco dos Ultraqäns como se pode ver neste vídeo que colgaron como promoción.

Estas son algunhas das versións que atopei do tema, pero seguro que hai outras tantas. Un saúdo e se chegastes ata aquí ao final tedes un premio de espero que vos gustasen as diferentes versións :D.