Incompatibilidades

por Marcos Chavarría Teijeiro

Incompatibilidades

Luis Davila é quizais a día de hoxe un dos viñetistas galegos de máis fama ou polo menos o que fai as obras que máis circulan polas redes sociais aínda que non se coñeza a súa autoría. Nesta viñeta saca a relucir unha das lacras que arrastra o pobo galego, isto é o inmobilismo.

Xa fai algún tempo contabame meu pai que nunha ocasión falando con un paisano da súa aldea que fora perxudicado por unha decisión politica el lle dixo algo como, “Nas proximas elecións xa sabes a quen non votar, ou?”. O paisano contrariado respondeulle: “Que me tomas por un cambia chaquetas?”.