Mocidade (In)Activa

por Marcos Chavarría Teijeiro

Cando facía primeiro de carreira tiñamos o dereiro de imprimir todo o que quixeramos en blanco en negro tendo so que poñer os folios. Considero que si, quizais era algo excesivo e que en moitos casos abusábase do servizo, mais o que si foi excesiva foi a alternativa que impuxo o Banco Santander (empresa concesionaria do servicio de impresoras así como da elaboración das tarxetas universitarias). No prazo dun mes eliminouse o servizo e a partir dese momento so se poderían imprimir de forma gratuita 150 copias. Como podedes entender calquer estudante necesita máis que esa cantidade de follas para imprimir os apuntes das asignaturas que cursa.

Para intentar evitar a supresión deste dereiro convocaronse na facultade tres reunións en semanas consecutivas para falar como ían as negociacións (por chamarlle dalgunha forma) co rectorado e que íamos facer o respecto. A pesar de que o rectorado se quedou practicamente sen argumentos a asistencia as reunións non alcanzou a vintena de persoas contando aos representantes.

manifestación 11X12 Coruña

O xoves da semana pasada foron convocadas en todo o estado español manifestacións de rechazo ás medidas do goberno coa educación,  na páxina web do movemento, denominado #11×12 podemos atopar esta información:

A campaña 11×12 xorde por iniciativa de diferentes organizacións estudantís e xuvenís dos diferentes pobos do Estado Español. Estes coletivos temos unhas reivindicacións comúns debido a compartir o marco administrativo imposto, así como a condición de xuventude da clase traballadora.

O noso obxetivo é promover unha mobilización estudantil o 11 de outubro (X) de 2012, e que se desenvolva de punta a punta do Estado para denunciar os ataques do goberno central ao ensino, unha das fontes de riqueza máis importantes da sociedade. Todo isto a través do internacionalismo e a solidaridade entre os pobos.

Tampouco é que o manifesto diga nada fora do común, simplemente rechazanse frontalmente as medidas de recorte no eido da educación. Na fotografía superior podedes comprobar a cantidade da xente que asistiu a manifestación convocada na UDC. Non creo que chegase as cincuenta persoas.

Durante o tempo que levo estudando na universidade asistín a un bon feixe de manifestacións e de reunións que me afectaban a min e a maior parte do estudantado. Na maior parte delas a asistencia foi risoria. A baixa asistencia da manifestación do xoves fixome pararme a pensar por que a xente non se mobiliza, non protesta. A manifestación foi na universidade e durou menos dunha hora ademais había moitas persoas polo campus que non estaban en clase máis practicamente ninguén se uniu a nós.

O problema de fondo non creo que sexa que a xente non está de acordo co motivo da manifestación. Creo que é máis dificil encontrar a xente que este dacordo cos recortes ca xente que os rechace. O problema está na mentalidade, vivimos nunha sociedade acomodada e unha sociedade acomodada crea xoves acomodados e xente que pasa de todo. Unha xuventude que cando non fai nada chamaselle ninis e cando se manifesta son perroflautas ou roxos.

Á miña xeración deuselle todo feito, non tivemos que loitar por ningún dereito xa que tiñamos todo o que podíamos necesitar e máis ao alcance da man. Mirando con perspectiva lembro que ata no instituto se nos daba papeis para que os nosos país autorizaran que fosemos a folga quedando desta forma o máximo elemento de protesta estudantil institucionalizado e carente de significado. Na actualidade a maior parte da xente emprega os días de folga para calquera cousa menos para protestar.

Desgraciadamente os tempos nos que se nos daba todo remataron e o que se está a facer agora é quitarnos todo o que tiñamos conseguido. Ante a pasividade do estudantado as palabras dos sindicatos estudantís e dos representates de alumnos  fican baleiras e sen case oposición a universidade pública corre o risco de desaparecer ou de quedar reducida a mínima expresión e con ela o dereito da clase traballadora de acceder a educación superior.