Xogando a FEZ con Viño

por Marcos Chavarría Teijeiro

Desde que vin o ducumental de Indie Game: The Movie que trata sobre a elaboración dos xogos indie Braid, FEZ e Super Meat Boy, sentín bastante curiosidade por xogar a estos xogos con tan boa pinta. Tanto o Braid como o Super Meat Boy compreinos nas rebaixas de nadal do Steam Store a 12€ os dous se non recordo mal.

A verdade é que me convenceron moito. Super Meat Boy é vicio puro. Cando empezas a xogar non queres parar e ademais e extremadamente difícil de completar as fases. Pola outra banda Braid é un xogo máis de romperse a cabeza. Aínda que tamén é un plataformas inclúe certas cartacterísticas moi novedosas como poder controlar o tempo ou a existencia de burbullas onde o tempo avanza máis lento que fan del un gran xogo.

Screen-Shot-2012-05-24-at-3.49.41-PM

O único desta tríada de xogos indie que me faltaba era FEZ que aínda que orixinalmente saíra so para Xbox 360 está dispoñible para PC dende principios de maio. Aproveitando unhas ofertas na web GOG compreino por $5 o cal é un gran precio. O problema está en que actualmente non me funciona Windows por problemas cas particións (se misturamos un Macbook, particions EFI, Windows e Linux sae unha pequena bomba…).

Aínda que xa sabía da existencia de Wine (Viño para os amigos) a verdade é que nunca o probara de forma algo minuciosa pero como atopei este artigo de Reddit no que falaba un rapaz que conseguira xogar a FEZ con Wine, pois púxenme mans a obra.

Primeiro obviamente instalei Wine.

yum -y install wine

Cando terminou descargueime o instalador de FEZ da paxina de GOG (non me descarguei o xestor de descargas de GOG senón o instalador completo de FEZ) e instaleino usando Wine. Ata aí todo correcto. O problema ven cando intento executar o programa (wine ~/.wine/drive_c/FEZ.exe). Empeza a executarse e derrepente saltan os seguintes erros:

libGL: OpenDriver: trying /usr/lib/dri/tls/nouveau_dri.so
libGL: OpenDriver: trying /usr/lib/dri/nouveau_dri.so

Efectivamente vou a ese directorio e non están instalados os drivers :(. Buscando por internet atopei que estes drivers están no paquete mesa-dri-drivers polo que instalei o paquete correspondente a arquitectura de 32 bits:

yum install mesa-dri-drivers.i686

Efectivamente se executades o programa de novo ben a través da liña de comandos ou co “acceso directo” que vos creou Wine, empezará a funcinar.

Vexamos se este xogo é tan bon como os outros dous da película ;).